Orden de 23 de abril de 1999 por la que se regula el ejercicio del buceo profesional en la Comunidad Autónoma de Galicia

 

Orde do 23 de abril de 1999 pola que se regula o exercicio do mergullo profesional
na Comunidade Autónoma de Galicia


O Decreto 152/1998, do 15 de maio de 1998, estableceu as condicións para o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, sendo indispensable dotalo dunha regulación xeral de carácter administrativo que recolla os diversos aspectos técnicos e de formación, que permitan un adecuado desenvolvemento da actividade.

A importancia do mergullo como ferramenta de traballo en multitude de actividades, en especial
con aquelas relacionadas coa explotación dos recur-sos do mar, obriga a establecer unha norma clara e sinxela co obxecto de fomenta-lo seu desenvolvemento.

Por outra parte, o risco que leva a práctica do mergullo profesional, tanto no desenvolvemento da inmersión coma dos traballos, fan que as normas se orienten a minimizar este. O desenvolvemento normativo débese facer tendo en conta, en primeiro lugar, a seguridade do mergullador, polo que é necesario establecer unha serie de requisitos en relación coas condicións de saúde do aspirante a mergullador que se deben de manter ó longo da súa vida profesional, para o que, ademais do exame médico e da avaliación psicolóxica iniciais, se fai necesario establecelas correspondentes revisións periódicas.

Pero a seguridade non se limita ó estado físico e psíquico do mergullador senón que se estende ás súas prácticas de traballo e actuación, polo que este concepto debe abarcar todo o ámbito de regulación pero singularmente o da formación e o de control das inmersións como medios para conseguir que a seguridade se converta no control da actuación dos mergulladores. En tal sentido establécense unidades específicas nos programas de formación, así como a necesidade de realiza-los cursos de socorro e primeiros auxilios e a obriga de levar un libro diario de mergullo.

As posibilidades que a libre circulación dos traballadores lles ofrece ós mergulladores fai que a norma estableza, entre outras, o libro diario de mergullo, na liña co que se esixe noutros países da Unión Europea, esixencias que orientan o conxunto da regulación adaptándose ó estándar inglés e fran-cés na medida en que a nosa propia realidade o permite e buscando, así, o recoñecemento das nosas titulación profesionais neles.

As posibilidades que o mergullo ofrece actualmen-te e para o futuro na explotación dos recursos do mar, fai que se incorporen nos programas formativos das distintas titulacións e especialidades aquelas técnicas e coñecementos que poidan ter un desen-volvemento importante nos anos próximos.


Unha vez que a diversidade de titulacións pro-fesionais leva a unha inevitable casuística que esixe amplia-los contidos desta orde mediante os necesarios anexos nos que se detallan os mínimos esixibles e aqueloutros aspectos que pola súa especficidade requiren unha regulación detallada, e tendo en conta que o citado decreto determina que a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura desenvolverá o seu contido, perséguese con esta orde establecer todo o corpo normativo necesario para o exercicio do mergullo profesional en Galicia, de forma que se lle facilite o seu recoñecemento ós interesados.


Polo exposto e na súa virtude, esta consellería DISPÓN:

Capítulo I Obxecto e disposicións de carácter xeral

Artigo 1º
Para a práctica de intervencións hiperbáricas e subacuáticas de carácter laboral, profesional ou científica de calquera tipo en augas pertencentes ó ámbito territorial de Galicia, nas que se someta a persoas a un medio hiperbárico, será necesario que estas estean en posesión do título de mergullo profesional adecuado ó seu nivel de exposición hiperbárica, obtido de acordo co establecido na pre-sente orde.

Artigo 2º
A práctica por un mergullador profesional de intervencións hiperbáricas e subacuáticas de carácter laboral, profesional ou científica de calquera tipo en augas pertencentes ó ámbito territorial de Galicia, realizarase de acordo co establecido na presente orde e dentro dos límites das atribucións da titulación posuída polo mergullador e nas normas de segu-ridade
para o exercicio de actividades subacuáticas establecidas por orde do Ministerio de Fomento do
14 de outubro de 1997 (BOE nº 280, do 22 de novembro).

Artigo 3º
A realización por mergulladores profesionais de intervencións hiperbáricas e subacuáticas de carácter laboral, profesional ou científica de calquera tipo en augas pertencentes ó ámbito territorial de Galicia, deberá de ser autorizada pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a través das súas delega-cións territoriais.

Artigo 4º
A devandita autorización será solicitadas para cada intervención polo responsable da empresa de mer-gullo ou entidade, mediante escrito do modelo do anexo I-A, acompañada dunha memoria na cal se indique:
Tipo de traballo, profundidade e descrición.
Lugar e datas en que se vai realizar.
Empresa de mergullo profesional ou entidade res-ponsable, e persoa ó cargo.
Persoa ou persoas que van actuar de xefe de equipo.
Mergulladores que van participar e titulación que posúen.
Horario e tempo aproximado diario.
Equipo e plantas de mergullo utilizados.
Gases respirables que se van utilizar.
Embarcacións, maquinaria, equipos, ferramentas, explosivos, etc. que se van utilizar.
Empresa ou entidade para a que se realiza o traballo, domicilio social e persoa responsable dela.
En caso de utilización de explosivos, fotocopia compulsada da autorización para o seu uso por parte da autoridade competente na materia.

Artigo 5º
No caso de intervencións que se repitan con fre-cuencia no tempo, nos mesmos espacios e que se
realicen por equipos estables, a solicitude poderá realizarse para períodos de tempo anuais, achegando os datos establecidos no punto anterior. Neste caso o solicitante quedará obrigado a comunicar, no prazo de 15 días, calquera modificación substancial que se realice con respecto da previsión indicada, en especial os cambios nas persoas participantes e res-ponsables dos traballos.

Artigo 6º
As empresas que realicen intervencións hiperbáricas subacuáticas en augas galegas deben de ter
no lugar onde se realiza esta o documento de autorización emitido pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a disposición das autoridades inspectoras.

Artigo 7º
Os mergulladores que participen en calquera tipo de intervención hiperbárica deberán de estar en posesión da titulación adecuada en vigor para a intervención que se vai realizar e do libro diario de mer-gullo, coas anotacións previstas nel actualizadas á data do inicio da intervención. É responsabilidade dos xefes de equipo comprobar estes requisitos e, se é o caso, realizar e referendar coa súa sinatura as anotacións que lle correspondan segundo os traballos realizados.

Artigo 8º
O xefe de equipo, como responsable da intervenión, está obrigado a lle notificar á Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura calquera incidencia ou accidente que poida suceder durante a práctica da intervención hiper-bárica, que irá acompañada dun informe detallado se hai danos persoais.

Capítulo II Das credenciais persoais do mergullador

Artigo 9º
A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura emitirá a solicitude do interesado a tarxeta de mer-gullador profesional, acreditativa da titulación ou a certificación acreditativa da especialidade de mer-gullo que lle corresponda e o libro diario de mergullo, segundo o establecido na presente orde.


I. Das tarxetas e certificacións de identidade profesional.

Artigo 10º
As tarxetas de mergullador profesional e as cer-tificacións de especialidades profesionais serán emi-tidas pola Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación a través do seu Negociado de Titu-lacións Náutico Pesqueiras e rexistradas no Rexistro de Titulacións Náutico Pesqueiras existente.

Artigo 11º
As tarxetas de mergullador profesional son per-soais e intransferibles, correspondendo a responsa-bilidade do seu uso e custodia ó seu titular. No caso de ser utilizada de xeito fraudulento ou por persoa distinta do titular, retirarase e anularase, sen prexuízo de esixi-las responsabilidades ás que hou-bese lugar.
Non son válidas para efectos de acredita-la iden-tidade do titular e deberán ir acompañadas do DNI.
N o 90 L Mércores, 12 de maio de 1999 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 5.691

Artigo 12º
En virtude do disposto no Real decreto 1377/1997, do 29 de agosto, sobre traspaso de función e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autó-noma de Galicia en materia de mergullo profesional, as tarxetas de mergullador profesional, as certifi-cacións de especialidades de mergullo e o libro dia-rio de mergullo son válidos en todo o territorio do Estado español.

Artigo 13º
As tarxetas emitidas pola Comunidade Autónoma de Galicia corresponderanse segundo titulacións e especialidades co modelo e características que se establecen no anexo II.

Artigo 14º
As tarxetas de mergullador profesional terán 5 anos de validez desde a data de emisión. As certificacións de especialidades de mergullo profesional terán vali-dez permanente.

II. Do procedemento de emisión e renovación das tarxetas e certificacións.

Artigo 15º
Os interesados que, despois de superaren as probas de aptitude e cumpriren os requisitos mínimos esta-blecidos, desexen que lles sexa emitida a corres-pondente tarxeta de identidade ou certificación da especialidade, deberán de solicitalo por escrito no modelo de solicitude do anexo I-B, achegando a documentación que se indica para cada unha.

Artigo 16º
A documentación necesaria para a obtención da tarxeta de mergullador profesional é a seguinte:
1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo I-B.
2. Unha fotografía recente de tamaño carné, co nome escrito ó dorso.
3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.
4. Fotocopia compulsada da 1ª e 4ª follas do libro diario de mergullo, salvo que se solicite a de ini-ciación
ó mergullo.
5. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.
6. Certificado de exame expedido ou validado pola Administración competente en materia de formación de mergullo. Non será necesaria a súa presentación se este se realizou na Comunidade Autónoma de Galicia con posterioridade á entrada en vigor da presente orde.
7. Documentación fidedigna que acredite que cum-pre os requisitos específicos establecidos para cada titulación.
8. Certificado médico de aptitude para o corres-pondente nivel de mergullo, expedido por un facul-tativo habilitado. Este certificado acreditativo de supera-las probas establecidas no anexo IX pode ser substituído polo recoñecemento médico anual en vigor anotado no libro diario de mergullo.
9. Certificado de avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo expedido por un facultativo habi-litado.
Este certificado non será necesario se o soli-citante está en posesión doutra tarxeta de mergullo profesional en vigor, debendo neste caso acreditalo co libro diario de mergullo.
10. Fotocopia compulsada do certificado de ter superado o curso de primeiros auxilios para mer-gulladores profesionais no seu nivel correspondente ou, estando en posesión del, certificado de que foron realizadas as reciclaxes correspondentes.
11. Certificado expedido pola entidade xestora da Seguridade Social de non ser pensionista nin por xubilación nin por invalidez.

Artigo 17º
A renovación das tarxetas de mergullo profesional poderá ser solicitada polos interesados no último trimestre da súa vixencia mediante solicitude modelo do anexo I-B acompañada da documentación que se indica.

Artigo 18º
A documentación necesaria para a renovación das tarxetas de mergullo profesional é a seguinte:
1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo I-B.
2. Unha fotografía recente de tamaño carné, co nome escrito ó dorso.
3. Fotocopia compulsada da tarxeta antiga.
4. Fotocopia compulsada da 1ª e 4ª follas do libro diario de mergullo.
5. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.
6. Certificado médico de aptitude para o corres-pondente nivel de mergullo, expedido por un facul-tativo habilitado. Este certificado acreditativo de supera-las probas establecidas no anexo IX, pode ser substituído polo recoñecemento médico anual en vigor anotado no libro diario de mergullo.
7. Certificado de avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo, expedido por un facultativo habi-litado.
Este certificado non será necesario se o soli-citante está en posesión doutra tarxeta de mergullo profesional en vigor, debendo, neste caso, acreditalo co libro diario de mergullo.
8. Certificado expedido pola entidade xestora da Seguridade Social de non ser pensionista nin por xubilación nin por invalidez.
9. Fotocopia compulsada do certificado de ter superado o curso de primeiros auxilios para mer-gulladores profesionais no seu nivel correspondente, ou, estando en posesión del, certificado de que foron realizadas as reciclaxes correspondentes.

5.692 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 90 L Mércores, 12 de maio de 1999

Artigo 19º
No caso de extravío, roubo ou destrucción física da tarxeta, poderá expedirse un duplicado que man-terá a data de caducidade que correspondese á orixinal.
Na nova tarxeta emitida para substituí-la orixinal, farase constar que é duplicado do orixinal.
Para os efectos do aboamento de taxas o duplicado terá a consideración dunha renovación.
A emisión do duplicado realizarase por solicitude do interesado, que achegará a seguinte documen-tación:
1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo I-B.
2. Unha fotografía recente de tamaño carné, co nome ó dorso.
3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.
4. Declaración fidedigna das circunstancias do extravío ou destrucción da tarxeta ou copia da denun-cia do roubo en que conste o da tarxeta.
5. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.
6. Do libro diario de mergullo, fotocopias de: 1ª folla e da folla do último recoñecemento médico.

Artigo 20º
A documentación necesaria para a obtención das certificacións de especialidades de mergullo pro-fesional é a seguinte:
1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo I-C.
2. Fotocopia compulsada da 1ª e 4ª follas do libro diario de mergullo.
3. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.
4. Certificado de exame expedido ou validado pola administración competente en materia de formación de mergullo. Non será necesaria a súa presentación se este se realizou na Comunidade Autónoma de Galicia con posterioridade á entrada en vigor da presente orde.
5. Fotocopias compulsadas das follas do libro dia-rio de mergullo correspondentes ó recoñecemento médico anual en vigor anotado no libro diario de mergullo, á avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo e de anotación do curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais no seu nivel correspondente.

Artigo 21º
As tarxetas serán recollidas persoalmente polo interesado na oficina da Consellería de Pesca, Maris-queo e Acuicultura que indique na solicitude. Para recollela deberá de presenta-lo libro diario de mer-gullo, co fin de que se realice a anotación corres-pondente.

III. Do libro diario de mergullo.

Artigo 22º
O libro diario de mergullo é o elemento material que recolle a historia profesional do titular; o seu formato e composición están establecidos no anexo II. Terá unha validez de dez (10) anos desde a expe-dición, e nel anotaranse as titulacións de mergullo profesional e as especialidades, a realización dos cursos de primeiros auxilios para mergulladores pro-fesionais e as súas correspondentes reciclaxes, os recoñecementos médicos e psicolóxicos periódicos e as eventuais restriccións para a práctica do mer-gullo e, ademais, todas e cada unha das intervencións hiperbáricas nas que participe.

Artigo 23º
O libro diario de mergullo é persoal e intrans-ferible, correspondendo a responsabilidade do seu uso e custodia ó seu titular. En caso de ser utilizado de xeito fraudulento ou por persoa distinta do titular, retirarase e anularase, sen prexuízo de esixi-las res-ponsabilidades ás que houbese lugar. Para tódolos efectos substitúe o caderno de actividades suba-cuáticas.

Artigo 24º
É responsabilidade do titular manter e actualiza-lo libro diario de mergullo, para o que deberá:
-Face-los rexistros das inmersións efectuadas cada día e que serán referendadas polo xefe de equipo.
-Solicitar que os facultativos correspondentes rea-licen as anotacións das revisións médicas e psico-lóxicas periódicas.
-Solicitar da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura as anotacións das novas titulacións e especialidades que obteña.

IV. Do procedemento de emisión do libro diario de mergullo.

Artigo 25º
O libro diario de mergullo será expedido a soli-citude do interesado pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a través das súas delega-cións territoriais, que o dilixenciarán e cubrirán as follas 1ª e 4ª, anotarán o número de serie, o titular a quen corresponde e a súa data de expedición.
Á finalización da súa validez ou no caso de esgo-tarse as súas follas de anotación, deberase de soli-citar un novo.

Artigo 26º
A documentación necesaria para a obtención do libro diario de mergullo é a seguinte:
1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo I-D.
2. Unha fotografía recente de tamaño carné, co nome escrito no dorso.
N o 90 L Mércores, 12 de maio de 1999 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 5.693
3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.
4. Documentación fidedigna que acredite as titu-lacións e especialidades que posúe, salvo que teñan sido emitidas pola Comunidade Autónoma de Gali-cia.
5. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.
A documentación solicitada nos puntos 3 e 4 pode-rá substituírse pola presentación do libro diario de mergullo anterior. Non obstante, deberanse de acre-ditalos cambios ou engadidos ós datos que figuran nel.

Capítulo III Das titulacións e da súa obtención

I. Das titulacións de mergullo profesional.

Artigo 27º
As titulacións de mergullo profesional que se poden obter en Galicia son:
1. Mergullador en apnea.
2. Iniciación ó mergullo profesional.
3. Mergullador profesional de 2ª clase restrinxido.
4. Mergullador profesional de 2ª clase.
5. Mergullador profesional de 1ª clase.
6. Mergullador instructor profesional.
7. Técnico en mergullo de media profundidade.
8. Especialidades subacuáticas profesionais:
a) Instalacións e sistemas de mergullo.
b) Reparacións en flotación e salvamento de buques.
c) Corte e soldadura subacuáticas.
d) Obras hidráulicas.
e) Explosivos subacuáticos.
f) Salvamento e rescate subacuáticos.
g) Inspección subacuática e ensaios non des-tructivos.
h) Mergullo en ambientes hiperbáricos e subacuá-ticos especiais e contaminados.
i) Mostraxe e inspección biolóxica.

Artigo 28º
As titulacións de escafandrista de pequena pro-fundidade, escafandrista de gran profundidade,
escafandrista instructor e operador de cámaras pode-ranse renovar nas condicións xerais establecidas nesta orde.

Artigo 29º
Consonte o establecido no Decreto 152/1998, do 15 de maio, para poder optar a unha titulación ou especialidade de mergullo profesional é necesario reunir condicións físicas e psíquicas acordes coas características da actividade de mergullo profesional polo que se establecen para o seu acceso e/ou a emisión e renovación das tarxetas, as probas e míni-mos que seguen:
1. Exame médico de aptitude para o mergullo pro-fesional nas súas modalidades inicial e periódico, segundo o establecido no anexo IX.
2. Proba de avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo profesional, segundo o establecido no anexo IX.
3. Probas físicas tanto en terra como en piscina, o contido e mínimos das cales se establecen nos requisitos para acceder ás titulacións (anexo IV).

II. Da obtención das titulacións.

Artigo 30º
Para obter unha titulación ou especialidade de mergullo profesional os aspirantes deberán de ins-cribirse e realizar un curso de formación, superando ó seu remate unha proba de coñecementos ante un tribunal designado pola Consellería de Pesca, Maris-queo e Acuicultura nos termos establecidos na pre-sente orde.

Artigo 31º
Para poder inscribirse nos cursos de formación, o aspirante deberá de reuni-los seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos dezaoito anos de idade. No caso de aspirar ós de mergullo en apnea ou iniciación ó mergullo profesional, ter 16 anos cumpridos e posuír autorización do pai, nai ou titor acreditada documentalmente.
2. Te-lo ensino académico obrigatorio.
3. Supera-lo exame médico de aptitude para o mer-gullo profesional. O certificado médico acreditativo de superar este exame pode ser substituído polo reco-ñecemento médico anual en vigor anotado no libro diario de mergullo.
4. Supera-la avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo profesional. Esta proba non será necesaria se o solicitante está en posesión doutra tarxeta de mergullo profesional en vigor, debendo neste caso acreditalo coa propia tarxeta ou co libro diario de mergullo.
5. Aquelas específicas para cada titulación ou especialidade establecidas no anexo V.

Artigo 32º
No caso de que os cursos requiran a realización previa de probas físicas e/ou de recompresión e tole-rancia ó osíxeno, estas deben de ser convocadas pre-viamente, debendo estar presentes na súa realización un representante da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, o instructor encargado da dirección do curso correspondente e un facul-tativo en medicina inscrito no censo previsto no arti-go 43.
5.694 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 90 L Mércores, 12 de maio de 1999
Dos resultados das citadas probas levantaranse a/as actas correspondentes, indicando os aspirantes aptos ou non aptos, que serán asinadas polas tres persoas anteriormente citadas antes da súa remisión á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Inves-tigación.

Artigo 33º
De acordo cos resultados das devanditas probas e despois de comprobar na documentación presen-tada polo aspirante o cumprimento dos demais requi-sitos, procederase á súa inscrición no curso corres-pondente.

Artigo 34º
Os aspirantes a un título ou especialidade de mer-gullo profesional están obrigados a asistir ó curso de formación, sendo necesaria a realización da tota-lidade das prácticas e a asistencia de polo menos o 80% das horas de formación teórica para acceder á proba de avaliación final.

Artigo 35º
A programación xeral, cos contidos teóricos e prác-ticos dos cursos de formación para cada unha das titulacións e especialidades son os establecidos no anexo VI.

Artigo 36º
A proba de coñecementos final do curso e a ava-liación da aptitude para titulación ou especialidade de mergullo profesional será realizada por un tri-bunal designado pola Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, de acordo co Decreto 428/1993, do 17 de decembro, que estará formado por tres docentes, un dos cales actuará como pre-sidente e outro como secretario, e polo mergullador instructor profesional director do curso.
O tribunal, en casos específicos, poderá solicita-la asistencia técnica de docentes especialistas na materia.

Artigo 37º
Os aspirantes que superen a avaliación co resul-tado de aptitude poderán solicita-la tarxeta de mer-gullador profesional correspondente á titulación ou especialidade superada cando cumpran os requisitos establecidos no anexo V para cada unha delas, para o que deberán de presenta-la documentación esta-blecida no artigo 15º.

Artigo 38º
Os aspirantes que teñan a titulación académica de técnico en mergullo de media profundidade, can-do soliciten a súa tarxeta de mergullador profesional expediráselles e anotaráselles no seu libro diario de mergullo as especialidades subacuáticas profe-sionais de: instalacións e sistemas de mergullo, corte e soldadura subacuática, obras hidráulicas, repa-racións en flotación e salvamento de buques e explo-sivos subacuáticos.

Artigo 39º
Os mergulladores profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, para a obtención e/ou reno-vación das súas tarxetas profesionais, deben de rea-liza- lo curso de primeiros auxilios para mergulla-dores profesionais ou, se é o caso, efectua-las corres-pondentes reciclaxes no nivel determinado no anexo V desta orde, a programación xeral, contidos teóricos e prácticos da cal son os establecidos no anexo VII.
Os correspondentes cursos serán convocados e impartidos en centros oficiais da Comunidade Autó-noma galega na forma que regulamentariamente se determine.
As citadas reciclaxes realizaranse cada cinco anos, e son necesarias para a renovación das tarxetas correspondentes, as cales serán anotadas no libro diario de mergullo.

Capítulo IV Da realización dos cursos

Artigo 40º
Os cursos para a obtención das titulacións e espe-cialidades de mergullo profesional serán dirixidos e impartidos por un mergullador instructor profe-sional coa colaboración do persoal necesario. As dotacións mínimas de persoal e a súa titulación, así como o número máximo de alumnos por curso, axustaranse ó disposto no anexo VIII.

Artigo 41º
Correspóndelle ó mergullador instructor profesio-nal, como responsable do curso, adopta-las medidas necesarias para un correcto aproveitamento das ensi-nanzas para garantir en cada momento o necesario nivel de seguridade ós participantes. Dirixirá e coor-dinará as prácticas, asegurándose de que se conta co material necesario para a súa realización nas debi-das condicións de seguridade, e elaborará un pro-cedemento de actuación de emerxencia e un dis-positivo de evacuación para poder poñer en práctica en caso dun accidente.

Artigo 42º
Todo o persoal docente que interveña nun curso correspondente para a obtención dalgún título ou especialidade de mergullo profesional, debe de estar en posesión dun curso de capacitación pedagóxica de polo menos 100 horas lectivas, impartido por unha entidade oficial.
Non se esixirá este requisito ós expertos que par-ticipen ocasionalmente no curso impartindo materias puntuais, charlas ou similares.

Capítulo V Do censo de facultativos habilitados

Artigo 43º
Créase un censo de facultativos habilitados para a realización das probas de avaliación psicolóxica e exames médicos dos mergulladores, que se esta-blece no Negociado de Titulacións Náutico-Pesquei- ras da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.
N o 90 L Mércores, 12 de maio de 1999 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 5.695

Artigo 44º
Para a aceptación dos certificados médicos ou informes de avaliación psicolóxica emitidos polos correspondentes facultativos, estes deberán estar inscritos no censo de facultativos do artigo anterior.

Artigo 45º
Para inscribirse no censo o facultativo interesado deberá solicitalo por escrito, indicando o seu ende-rezo profesional e acompañando a solicitude de:
Fotocopia compulsada do título profesional corres-pondente e indicación do número de colexiado e colexio oficial no que está dado de alta ou certificado do colexio oficial que acredite a súa colexialización.
Documento que acredite a realización, segundo corresponda, dun curso de polo menos 150 horas
lectivas de especialización en medicina subacuática ou dun curso de 25 horas lectivas de avaliación psicolóxica para mergulladores, expedido por unha entidade oficial.

Artigo 46º
Os facultativos inscritos no censo están obrigados a:
Manter nos seus arquivos un expediente do exa-minado, debidamente informado para o seu uso no
caso de accidente.
Comunicar á Dirección Xeral de Formación Pes-queira e Investigación os recoñecementos ou probas de resultado non apto que lles efectúen ós mergu-lladores en activo, por escrito, no prazo de cinco (5) días naturais posteriores ó devandito recoñece-mento.
Neste caso entregaranlle ó interesado un informe detallado para os efectos de xustifica-la súa
situación laboral e para que poida, se fose pertinente, tramitar ante a Administración correspondente a baixa laboral por incapacidade temporal ou grande invalidez, ou calquera outra situación xurídico-so-cial que o traballador puidese solicitar, conforme a lexislación vixente na materia.

Capítulo VI Dos recoñecementos e validacións

Artigo 47º
Os posuidores de tarxetas emitidas por outras administracións españolas poderán cambialas polo
seu equivalente en Galicia, debendo axustarse nos prazos fixados nas disposicións transitorias ó esta-blecido nesta norma.

Artigo 48º
Os posuidores de titulacións profesionais expe-didas en países da Unión Europea poderán solicita-lo seu recoñecemento mediante escrito realizado á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Inves-tigación, segundo o establecido no R.D. 1396/95 e R.D. 1754/98.

Artigo 49º
Os posuidores de titulacións profesionais emitidas en países estranxeiros poderán solicita-la súa vali-dación mediante petición realizada á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, á que se acompañará a documentación oficial que acredite as atribucións da titulación, os requisitos de acceso, o programa formativo e de prácticas que é necesario realizar para a súa obtención, debida-mente dilixenciados pola embaixada ou polo con-sulado de España e acompañado unha traducción xurada se aquela está en idioma distinto do castelán.

Disposicións transitorias

Primeira.-Esta orde será de aplicación ás solici-tudes de emisión ou renovación de tarxetas de mer-gullo presentadas con anterioridade á súa entrada en vigor, salvo que a última normativa anterior en vigor fose máis favorable; en tal caso aplicarase esta.

Segunda.-A partir do 1 de xaneiro do 2001, será necesario ter realizado e anotado no libro de mergullo o curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais, no nivel que corresponda a cada titu-lación e a súa reciclaxe correspondente.

Terceira.-No prazo de seis (6) meses desde a entra-da en vigor desta orde tódolos mergulladores pro-fesionais en Galicia deben estar en posesión do libro diario de mergullo.

Disposicións adicionais

Primeira.-Créanse no Rexistro de Titulacións Náu-tico- Pesqueiras dúas seccións, unha sección de pes-ca e outra de mergullo profesional, nas que se rea-licen as anotacións segundo corresponda a unha ou outra.

Segunda.-Para efectos da realización dos recoñe-cementos medicos establecidos na presente orde, son habilitados para a súa realización os facultativos titu-lares pertencentes ó Servicio de Medicina Marítima do Instituto Social da Mariña.

Terceira.-Créase a Comisión Galega de Mergullo Profesional, como órgano consultivo da consellería para os asuntos relacionados con esta actividade. A súa composición e funcionamiento será estable-cido regulamentariamente.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-Facúltase a Dirección Xeral de Forma-ción Pesqueira e Investigación para a publicación daquelas disposicións necesarias para o desenvol-vemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1999.
P.D. (17-12-1997 DOG nº 276 do 22)

Amancio Landín Jaráiz 

____________________________________________